Episoder
-
(0:24) Non está documentado que Einstein dixera que a introdución do termo cosmolóxico fora a maior metida de zoca da súa vida. Pero a súa constante cosmolóxica é, ata o de agora, unha chave de bóveda do que sabemos do universo.
(6:11) O noso ornitólogo Nacho Munilla explícanos o papel recentemente descuberto da biofluorescencia das aves do paraíso.
(20:54) Efeméride do 20 de marzo do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez.
(23:08) Os datos liberados hoxe pola colaboración DESI (Dark Energy Spectroscopic Instrument) no encontro anual da American Physical Society apuntan a que a enerxía escura non é unha constante, senón que vai devalando na historia do universo. Isto podería rachar co actual modelo estándar cosmolóxico Lambda CDM. Nolo debulla o investigador da Universidade de Berkeley Antón Baleato Lizarcos. -
[Versión estendida] Alejandro Gómez Pazo, xeógrafo e profesor axudante doutor na Universidade de León, estuda a dinámica das pedras costeiras.
TaméndDramatizamos o relato "Pedra, area, balea" de Noelia Rodríguez que gañou a XIII edición do concurso Inspiraciencia, convocado pola delegación do CSIC en Cataluña, na categoría de textos en galego. -
Manglende episoder?
-
(0:21) Einstein pasou de esguello por Galicia hai 100 anos.
(4:39) Wicho deixa en evidencia os bulos sobre astronautas abandonados na Estación Espacial Internacional.
(13:37) Alejandro Gómez Pazo, xeógrafo e profesor axudante doutor na Universidade de León, estuda a dinámica das pedras costeiras.
(24:24) Dramatizamos o relato "Pedra, area, balea" de Noelia Rodríguez que gañou a XIII edición do concurso Inspiraciencia, convocado pola delegación do CSIC en Cataluña, na categoría de textos en galego.
(39:47) Eferméride do 13 de marzo do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez
(40:58) Na sección "Cambio de Fase" de Daniel Pizarro coñecemos a banda deseñada "Unha fracción de segundo" (Asitbierri) de Guy Delisle sobre a azarosa vida de Eadweard Muybridge -
(2:00) Moncho Núñez está nun lugar secreto.
(4:24) Julio Rodríguez cóntanos na súa "Bitácora do Beagle" como a terapia xénica abre vías de curación de cegueiras causadas por retinoses pigmentarias.
(18:34) Moncho Núñez preséntanos o seu libro "O Calendario da Historia da Ciencia"
(41:43) Cantos tipos diferentes de fluídos hai nunha vaxina? Ten a resposta a sexóloga e xornalista Laura Veiga. -
(2:04) A empresa porriñesa Biofabri do grupo Zendal é a fabricante en exclusiva da única vacina contra a tuberculose pulmonar, a MTBVAC, e impulsora dos seus ensaios clínicos. Veñen de anunciar o inicio dun novo ensaio clínico de fase 2b desta vacina, neste caso con adolescentes e adultos. Conversamos co CEO de Biofabri, Esteban Rodríguez.
(17:10) Resolvemos onde estaba Luis Muiño no noso concurso "Un libro, un autor e un lugar".
(19:20) Andrés Prieto, profesor da Universidadade de A Coruña e investigador do CitMaga, e Noela Sánchez, do grupo de oceanografía física da Universidade de Vigo, traballan nun proxecto de caracterización numérica dos fondos costeiros empregando sons. -
(0:25) Descobren que os ratos axudan aos seus conxéneres cando perden o coñecemento practicando unha especie de RCP.
(5:33) A xornalista e sexóloga Laura Veiga fálanos dos libros de autoaxuda menstrual.
(17:15) Damián Copena, do Grupo de investigación en Estudios de Historia Empresarial e sectorial da Pesca, Industria e Comercio (GESPIC) da USC, publicou xunto con María Gómez un traballo na revista "Medical History" sobre a febre das sambesugas no século XIX en España para uso médico.
(39:57) A banda deseñada "Deep me" e "Deep it" fai un achegamento experimental á IA. Nolo comenta Daniel Pizarro na sección "Cambio de fase". -
(2:17) Luis Muiño fálanos desde un lugar secreto na nosa sección "Un libro, un autor, un lugar"
(6:12) Bibiana García Visos explícanos cal é a infraestrutura que permite que teñamos auga da billa nas nosas casas.
(15:34) Conversamos co psicólogo Luis Muiño sobre o seu libro "A trampa do amor. Unha reflexión contra o amor romántico. Unha guía para o amor san" -
(2:23) Estíbaliz Espinosa explora a ciencia e a poesía dos asteroides, dende o asteroide Bennu e as súas mostras de aminoácidos ata o asteroide 2024 YR4 e o protocolo de seguridade planetaria da ONU.
(19:43) Maite Vence tráenos rutas Observer para ver paxaros.
(25:50) Celia Diaz, socióloga do Grupo Trans Soc da Universidade Complutense de Madrid, debúllanos o primeiro informe sobre confianza na ciencia e populismo científico en España, que elaborou a FECYT. -
(3:14) Os mellores ceos do mundo para a observación astronómica están en perigo. Os observatorios do deserto de Atacama están a piques de quedar cegos. Conversamos con Pedro Sanhueza, experto en contaminación luminosa, consultor independente e ex-xefe da Oficina de Calidade do Ceo do Norte de Chile.
(18:04) O proxecto europeo "Waste2Biocomp" emprega bacterias alimentadas con augas residuais da industria cervexeira para producir bioplásticos para a súa conversión en fibras téxtiles, calzado e envases. Belén Montero (CITENI-UdC) participa neste proxecto microencapsulando axentes antimicrobianos para crear envases activos e analizando a biodegradación dos distintos prototipos.
(47:27) Guía do Ceo de Inverno con Xabier Pérez Couto, @astroxabi. Conversamos sobre ananas brancas, os planetas visibles estes días, a eclipse lunar do venres 15 de marzo e a eclipse solar do 29 de marzo. -
Guía do Ceo de Inverno con Xabier Pérez Couto, @astroxabi. Conversamos sobre ananas brancas, os planetas visibles estes días, a eclipse lunar do venres 15 de marzo e a eclipse solar do 29 de marzo.
-
(2:46) Hai relación entre a dor menstrual e a incomodidade co teu corpo? Usar o sostén fai que caian os peitos? A nosa sexóloga de cabeceira é Laura Veiga.
(10:43) Rutas polos nosos dolmens con Maite Vente de Observer, Turismo Cientifico.
(15:12) Solución de "Onde está Conchi Lillo?"
(18:56) A día de hoxe o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade segue a ser incomprendido pola sociedade. Conversamos coa psicóloga Claudia Balado da Instituto Galego do TDAH e trastornos asociados (Fundación INGADA). -
Conversamos co psicólogo Luis Muiño sobre o seu libro "A trampa do amor. Unha reflexión contra o amor romántico. Unha guía para o amor san"
-
[4:54] En "Cambio de fase" Daniel Pizarro reseña a banda deseñada Logicómix.
[21:44] Fátima Garcia Doval vén de publicar "Psicomitos" -
Segunda parte da sesión Efer Piano Bar gravada no pub Camalea de Santiago para repasar a mellor ciencia do ano co piano de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores Nacho Munilla, Susana Ladra, Xabier Pérez Couto, Rosa Pedrido, Julio Rodríguez, Estíbaliz Espinosa e César Goldi.
-
[Versión estendida] Efer Piano Bar Sesión 1 gravada no pub Camalea de Santiago para repasar a mellor ciencia do ano co piano de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores Nacho Munilla, Susana Ladra, Xabier Pérez Couto, Rosa Pedrido, Julio Rodríguez, Estíbaliz Espinosa e César Goldi. Eva Poveda, directora do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, debúllanos o achado do ano da revista Science, un fármaco inxectable que protexe contra a infección do VIH cunha única punción cada 6 meses.
-
Asistimos á X edición do Astrogalicia, a festa galega da astronomía, que tivo lugar en Arzúa.
(1:42) A betanceira Alba Fernández Barral é a xefa de comunicación do experimento que vai medir os raios cósmicos máis enerxéticos do universo, o CTAO. Rubén López Coto é investigador do Instituto Astrofísico de Andalucía e emprega intelixencia artificial para clasificar os sinais dos telescopios Cherenkov. O enxeñeiro Alejandro Cardesín é membro da Sociedade Europlanetaria e procura agrupar, xunto coa astrofísica Ana Ulla, a todos os galegos que traballan en ciencias espaciais.
(29:12) Vén de nacer a Asociación Galega de Astrofotografía Polaris. Conversamos con Alejandro Rodríguez, Manuel Brioso e Leticia Pereira.
(44.16) Dosi Veiga é o organizador dos Astrogalicia, pero o culpa de que rematese en Arzúa é de Miguel Sánchez. Acompáñanos tamén Martin Pawley. -
(1:50) A Real Academia Galega publica os nomes oficiais de 600 especies de aves. Este é o resultado de anos de traballo entre terminólogos e ornitólogos. Conversamos con Manuel González, director do dicionario da RAG, e os ornitólogos Cosme Damián Romai e Xosé Manuel Penas Patiño.
(31:15) Rosa Arroyo é coordinadora do Observatorio contra as pseudociencias, pseudoterapias, intrusismo e sectas sanitarias da Organización Médica Colexial. Con ela falamos sobre como detectar e loitar contra as pseudoterapias. -
(3:34) Conchi Lillo fálanos desde un lugar secreto na nosa sección "Un libro, un autor, un lugar"
(5:48) Repasamos a actualidade aeroespacial con Wicho.
(21:48) Conversamos coa neurocientífica Conchi Lillo sobre mitos relacionados coa visión ao fío do seu libro "Abre os ollos" -
(2:56) Os orgasmos alivian a dor menstrual? Explícanolo Laura Veiga.
(16:02) Asistimos ao IV Encontro Oportunius e conversamos con Carmen Cotela (directora de GAIN) e o investigador do CIQUS Manuel Souto.
(26:23) Xurxo Ayán e Carlos Otero estudan desde a arqueoloxía os prostíbulos abandonados de Galicia. Os restos materiais cóntannos historias de explotación que poñen un espello á nosa sociedade. -
Rosa Arroyo é coordinadora do Observatorio contra as pseudociencias, pseudoterapias, intrusismo e sectas sanitarias da Organización Médica Colexial. Con ela falamos sobre como detectar e loitar contra as pseudoterapias.
- Vis mere