Episodes
-
[Versión estendida] As liñas de investigación da bióloga de Patricia Brennan mudaron radicalmente mentres facía a súa tese de doutoramento. En Costa Rica observou unha parella de Tinamús, unha ave do Trópico, apareándose. A sorpresa foi que o macho tiña un pene de 40 centímetros. As preguntas comezaron decontado: aves con pene? E como son entón as vaxinas das femias? E así foi como Brennan adentrouse no inexplorado mundo das vaxinas dos patos e delfíns e a súa función na selección sexual. Acabou descubrindo un universo de formas, e sen querelo, mesmo rematou no centro dun furacán mediático. Actualmente Patricia Brennan é investigadora do Mount Holyoke College, en Estado Unidos.www.efervesciencia.org
-
(2:36) Que foi antes a vaxina ou o clítoris, evolutivamente falando? Explícanolo Laura Veiga (@PingandoG).(13:58) O lidar, a IA e a arqueoloxía computacional son as ferramentas que están a revolucionar o estudo do noso pasado. Miguel Carrero Pazos é profesor axudante doutor de prehistoria na Universidade de Santiago e especialista no megalitismo galego. (42:31) Marcos Fernández Pichel (CiTIUS-USC) gañou o premio de Investigación 2022 da Real Academia Galega de Ciencias na categoría de investigadores mozos polos seus traballos en detección de desinformación sanitaria con ferramentas de AI. www.efervesciencia.org
-
Missing episodes?
-
(2:27) Inmaculada de Melo é catedrática de ética Médica do Weill Cornell Medical College de Nova Iork. Con ela conversamos sobre os efectos que achega a diversidade á produción da ciencia, e tamén cuestións de ética da reprodución.(27:04) Patricia Argerey, directora de GAIN, preséntanos o programa IGNICIA Proba de Concepto de transferencia de coñecemento.(38:15) Ancora é unha Spin-off da Universidade de Vigo que axuda a transmitir a informacións aos traballadores das industrias 4.0. Foi seleccionada na lista Top 50 startups do mundo do 4YFN23 Awards. www.efervesciencia.org
-
(2:54) Olalla López Costas da USC vén de gañar un proxecto europeo Consolidator Grant do ERC para o estudo da afectación nas persoas da contaminación por metais en Europa no período romano e medieval.(16:22) Un proxecto multidisciplinar coordinado por Luis Carral da Escola Politécnica de Enxeñaria de Ferrol da UdC recuperará os ecosistemas da ría de Ares- Betanzos con arrecifes artificiais fabricados a partir de cunchas. Este proxecto acadou unha mención honorífica nos premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2022 da Real Academia Galega de Ciencias.(38:15) Tense parado o núcleo da terra? Segundo uns titulares alarmistas si. Borja Tosar desfai a confusión nunha nova Postal Planetaria. www.efervesciencia.org
-
Algo pasou nos ceos galegos a noite do 18 de xaneiro de 2021 contra a 1:19 da madrugada. No "Pensando en ti" da Radio Galega os teléfonos empezaron a ferver con chamadas de testemuñas que reportaban unha luz de fogo na noite. O profesor da área de astronomía e astrofísica da USC Manuel Andrade Baliño iniciou ao día seguinte unha investigación científica que deu en atopar o primeiro meteorito galego: o meteorito de Traspena.Toda unha historia de traballo detectivesco, colaboración cidadadá, cazadores de meteoritos e nova ciencia. Andrade tivo que desenvolver novas ferramentas para poder estudar a traxectoria do bólido que orixinou o meteorito.Neste programa monográfico tamén contamos co noso estreleiro @astroxabi Xabier Pérez Couto; Jordi Llorca, catedrático de Química da Universitat Politécnica de Catalunya; e o noso pianista, Juanjo Fernández, que recreou a música que emitiu o bólido mentres ingresaba na atmosfera. www.efervesciencia.org
-
Nacho Munilla cóntanos como se fai o censo de aves acuáticas invernantes de Galicia. Entre eles o bilurico e o mazarico, que teñen primos que atravesan o Himalaia.
-
(1:46) Nacho Munilla cóntanos como se fai o censo de aves acuáticas invernantes de Galicia. Entre eles o bilurico e o mazarico, que teñen primos que atravesan o Himalaia.(15:55) A socióloga Celia Díaz Catalán da Universidade Complutense de Madrid é coautora do "Informe sobre Desinformación Científica" da FECYT. Curiosamente a fonte máis confiable para a información científica é a radio, pero necesitamos máis alfabetización mediática da sociedade.(36:48) Con Maite Vence percorremos as baterías militares de Ferrol.(42:39) "A foto 51" son unhas novas xornadas de divulgación científica organizadas polo Concello de Pontevedra que terán lugar o 11 de febreiro. Conversamos coa Concelleira de Cultura Carme Fouces
-
(2:39) A sonda da ESA Juice vai estudar as lúas de xeo de Xúpiter. Cóntanolo Javier Pedreira "Wicho". (16:44) Poden comer dúas persoas exactamente o mesmo e ter consecuencias distintas? Si. O efecto da comida na saúde depende de quen a come: da súa idade, do seu sexo, da súa xenética, de como interaccionou a xenética co entorno, das bacterias que habitan no seu corpo, a chamada microbiota, e mesmo de a que hora se come. Conversamos con José Mª Ordovás, que dirixe o laboratorio de Nutrición e Xenómica da Universidade de Tuffs en Bostón. (42:07) Estíbaliz Espinosa edita o conto "O Universo de Dona Pega" do planetarista da Casa das Ciencias Juan Carlos Medal "Jaitos". O texto foi recollido por Borja Tosar.
-
Inmaculada de Melo é catedrática de ética Médica do Weill Cornell Medical College de Nova Iork. Con ela conversamos sobre os efectos que achega a diversidade á produción da ciencia, e tamén cuestións de ética da reprodución.
-
(2:03) Podemos ver os sinais de tráfico pola noite grazas a que se deseñan como retrorreflectores. Cóntanolo Bibiana García Visos na súa ciencia para andar por casa(9:48) Para recuperar novas proteínas con capacidade CRISPR, de edición de xenes, un equipo de investigadores no que participou Francis Mojica fixeron unha viaxe nunha "maquina do tempo". Un dos asinantes do artigo en Nature Microbiology é Lluis Montoli (CNB-CSIC) con quen falamos.(37:26) Guía do ceo de inverno con @astroxabi, Xabier Pérez Couto.
-
No alto da serra do Moncai entre a Pobra do Brollón e Monforte de Lemos atópase a Muradella, unha acumulación de pedras de cuarcita descuberta polo arqueólogo Xurxo Ayán. Logo dunha campaña de escavación os datos apuntan a que se trata dun cairn do terceiro milenio ac, o máis antigo de Galicia. Conversamos co arqueólogo da Universidade Complutense de Madrid Rodrigo Paulos, director da campaña arqueolóxica.A imaxe da carátula é unha infografía de María Álvarez Fernández e Carlos Otero Vilariño.
-
(1:57) A decana da Facultade de Matemáticas Elena Vázquez Cendón vén de gañar o Premio María Josefa Wonenburger pola súa carreira investigadora e o seu compromiso pola divulgación das matemáticas ao fronte de Estalmat-Galicia. Con ela falamos de Domingo Fontán, María Wonenburger e de matemáticas industriais. (29:55) Resolvemos unha pequena inocentada que deixaramos no aire no programa Efer 615 do pasado 28 de decembro.(33:40) No alto da serra do Moncai entre a Pobra do Brollón e Monforte de Lemos atópase a Muradella, unha acumulación de pedras de cuarcita descuberta polo arqueólogo Xurxo Ayán. Logo dunha campaña de escavación os datos apuntan a que se trata dun "cairn" do terceiro milenio ac, o máis antigo de Galicia. Conversamos co arqueólogo da Universidade Complutense de Madrid Rodrigo Paulos, director da campaña arqueolóxica.
-
Coñecemos ós tres monólogos vencedores do concurso "Ciencia Calidade" na voz dos seus creadores: Antonio Cagide, Uxía Yáñez e David Garcíau Dios.
-
Dramatizamos coas voces de Belén Regueira e César Goldi o relato "O derradeiro canto" de Abril Viqueira que resultou gañadora na categoría de escritores novos do concurso Inspiraciencia na edición de 2022.
-
O equipo de José Manuel Alonso, College de Optometría da Universidade do Estado de Nova York, vén de publicar en Nature Communmications un modelo de como se poden integrar no córtex cerebral os distintos mapas visuais que producimos cando vemos
-
As paisaxes sonoras ricas en sons de paxaros poden axudar á saúde mental das persoas. Nolo conta o noso paxareiro Nacho Munilla.
-
Guía do ceo de inverno con @astroxabi, Xabier Pérez Couto.
-
Programa especial de primeiro día do ano 2023 onde continuamos a contar e contar a mellor ciencia de 2022. Edición efervescente realizada con público desde o pub Airas Nunes de Santiago de Compostela coa participación dos nosos colaboradores Bibiana García Visos, Nacho Munilla, Susana Ladra, Borja Tosar e Pedro Piñeiro. Coa música ao vivo no piano de Juanjo Fernández. O xefe de Pediatria do CHUS, Federico Martinón, debullounos un dos achados do ano, as novas vacinas contra o virus respiratorio sincitial.
-
Programa especial de fin de ano que realizamos con público desde o pub Airas Nunes de Santiago de Compostela coa participación dos nosos colaboradores Bibiana García Visos, Nacho Munilla, Susana Ladra, Borja Tosar e Pedro Piñeiro. Coa música ao vivo no piano de Juanjo Fernández. Contamos e cantamos a mellor ciencia de 2022. Este programa ten a súa continuación no programa de primeiro de ano.
- Show more