Episodes
-
(5:12) Estíbaliz Espinosa preséntanos o proxecto europeo Urban Travell Machines de poesía en planetarios creado por Philip Meersman.
(14:17) Jaime Martín traballa en electrónica orgánica no campus industrial de Ferrol da UdC como investigador Oportunius da GAIN. A súa investigación é considerada de alto risco e impacto polo Consello Europeo de Investigación que lle concedeu un proxecto Consolidator Grant de 2 millóns de euros. Martín afondará na estrutura dos polímeros semicondutores a partir do seu novidoso modelo semiparacristalino. Tamén conversamos con Mariano Campoy Quiles (ICMAB-CSIC). Estes materiais están chamados a producir, por exemplo, paneis solares flexibles, transparentes, económicos e sostibles.
(35:18) Chamamento de Eva Cabanelas á participación no concurso de monólogos científicos en galego Ciencia Calidade.
(39:41) Guía do ceo de primavera co noso estreleiro @astroxabi, Xabier Pérez Couto onde incluímos información sobre a eclipse do 8 de abril e o cometa 12P/Pons Brooks. -
Guía do ceo de primavera co noso estreleiro @astroxabi, Xabier Pérez Couto onde incluímos información sobre a eclipse do 8 de abirl e o cometa 12P/Pons Brooks.
Inclúe tamén a intro do programa cunha reflexión sobre a oportunidade que pode significar para Galicia a eclipse total do 2026. -
Missing episodes?
-
Coñecemos a algúns dos gañadores dos premios á investigación científica 2023 da Real Academia Galega de Ciencias
(4:47) María Jesús González Rellan (Mount Sinai, Canadá) polos seus traballos na gluconeoxénese hepática.
(37:39) Marcos Ortega Hortas (UdC) polo uso de técnicas de intelixencia artificial en imaxe médica.
(32.07) Ímonos de ruta de turismo científico por Ancares e Courel con Maite Vence. -
[Versión estendida] Yolanda Prezado incorporase ao CIMUS USC como Oportunius Research Professor para desenvolver investigacións de vangarda en radioterapia.
Foto orixinal: Alejandro González García. CiMUS -
[Versión estendida] No programa 666 de Efervesciencia non nos resistimos a analizar matematicamente esta cifra aparentemente diabólica. E aproveitamos para coñecer cal foi a orixe e evolución dos signos matemáticas que empregamos no día a día da man de Nicanor Alonso e Miguel Mirás. Os dous son profesores de matemáticas da Universidade de Vigo a autores do libro Mate-glifos.
Foto orixinal da carátula: Duvi -
(2:54) María José Mariño preséntanos o programa Oportunius da Axencia Galega de Innovación (GAIN).
(7:55) Yolanda Prezado incorporase ao CIMUS USC como Oportunius Research Professor para desenvolver investigacións de vangarda en radioterapia.
(29:06) No programa 666 de Efervesciencia non nos resistimos a analizar matematicamente esta cifra aparentemente diabólica. E aproveitamos para coñecer cal foi a orixe e evolución dos signos matemáticas que empregamos no día a día da man de Nicanor Alonso e Miguel Mirás. Os dous son profesores de matemáticas da Universidade de Vigo a autores do libro Mate-glifos.
Foto orixinal da carátula: Duvi
Foto orixinal capítulo Yolanda Prezado: Alejandro González García. CiMUS -
(2:27) Aprendemos mellor lendo en pantalla ou papel? Bitácora do Beagle de Julio Rodríguez.
(13:45) A investigadora da UVigo María Gómez Brandón é especialista na ecoloxía microbiana dos solos. Gómez estuda como valorizar residuos agrícolas, por exemplo coa vermicompostaxe. Actualmente desenvolve unha investigación xunto co International Centre of Insect Physiology and Ecology de Kenia sobre o frass, que é un fertilizante que se obtén das larvas e as deposicións dos insectos.
(35:38) Por que aínda non pisamos Marte? Postal Planetaria con Borja Tosar. -
(2:23) O noso paxareiro Nacho Munilla cóntanos o efecto dos festivais de músicoa ao aire libre nas poboacións de paxaros.
(11:09) Alejandro Rodríguez leva 10 anos organizando en Área Central de Santiago a maior feira de minerais da Península.
(17:19) Darwin comezou sendo coleccionista.
(18:56) En 2014 atopáronse de casualidade xacementos de cobalto na República Democrática do Congo. Agora sabemos que máis da metade das reservas mundiais deste metal están neste país africano. As baterías dos coches eléctricos necesitan quilos deste material para seren eficaces. O xornalista Xavier Aldekoa percorreu os máis dos 4000 quilómetros do río Congo. Froito desta aventura xurdiu o libro "Quijote en el Congo" onde da testemuña da violencia, espolio e escravitude asociada á explotación deste "ouro azul".
(44:24) Coñecemos o I Foro da Investigación Galega no Estranxeiro de Bruxelas da man de María José Mariño (GAIN) e Alejando VIlar (Investigal). -
[Versión estendida] Un recente estudo publicado en Nature Climate Change atopou que un 69% da poboación mundial estaría disposta a achegar o 1% dos seus ingresos para mitigar o cambio climático. Son fiable estas enquisas? Que papel xoga a economía na loita contra o cambio climático? Conversamos coa catedrática de Análise Económica da USC María Loureiro, directora científica de ECOBAS, especialista en economía ambiental.
-
(2:32) Lucia Martín Cacheda da MBG-CSIC estuda os compostos volátiles orgánicos que emiten as diferentes familias de plantas da pataca para alertaren ás súas veciñas cando son atacadas .
(15:29) Un recente estudo publicado en Nature Climate Change atopou que un 69% da poboación mundial estaría disposta a achegar o 1% dos seus ingresos para mitigar o cambio climático. Son fiable estas enquisas? Que papel xoga a economía na loita contra o cambio climático? Conversamos coa catedrática de Análise Económica da USC María Loureiro, directora científica de ECOBAS, especialista en economía ambiental.
(44:30) Susana Ladra preséntanos o fito da computación a exaescala. -
Lucia Pereira é unha detective das cores. Esta actual investigadora Ramón y Cajal do INCIPIT-CSIC participou no proxecto MINIARE que estudou as iluminacións de centos de códices medievais europeos. Grazas as técnicas avanzadas non destrutivas conseguiron analizar os materiais, identificar autores e mesmo atopar falsificacións. Pereira tamén empregou estas técnicas na análise do telegrama do Titanic ou para ler as mensaxes secretas do traidor Guy Faukes. Noutra liña de investigación puxo en marcha o Museo de Invisible de recuperación de patrimonio galego deteriorado. Un primeiro exemplo é a reconstrución da foto da actriz galega do século XIX Manuela Rey para a produción do Centro Dramático Galego "Manuela Rey is in da House" dirixida por Fran Núñez.
-
Hai 20 anos apareceu un envelenamento masivo por arsénico en Arizona. E uns investigadores galego dan coa súa orixe. Nolo conta o catedrárico de Enxeñería Química da USC Gumersindo Feijoo.
-
(2:16) Hai 20 anos apareceu un envelenamento masivo por arsénico en Arizona. E uns investigadores galego dan coa súa orixe. Nolo conta o catedrárico de Enxeñería Química da USC Gumersindo Feijoo.
(17:30) Lucia Pereira é unha detective das cores. Esta actual investigadora Ramón y Cajal do INCIPIT-CSIC participou no proxecto MINIARE que estudou as iluminacións de centos de códices medievais europeos. Grazas as técnicas avanzadas non destrutivas conseguiron analizar os materiais, identificar autores e mesmo atopar falsificacións. Pereira tamén empregou estas técnicas na análise do telegrama do Titanic ou para ler as mensaxes secretas do traidor Guy Faukes. Noutra liña de investigación puxo en marcha o Museo de Invisible de recuperación de patrimonio galego deteriorado. Un primeiro exemplo é a reconstrución da foto da actriz galega do século XIX Manuela Rey para a produción do Centro Dramático Galego "Manuela Rey is in da House" dirixida por Fran Núñez. -
A catedrática de piscobioloxía da UdC Blanca Laffon cóntanos os posibles nexos entre o toxoplasma e a síndrome de fraxilidade das persoas maiores. Dous grupos da UdC realizaron un estudo con 600 voluntarios galegos e portugueses maiores de 65 anos. Atoparon que o 70 % tiñan sufrido toxoplasmose e que un maior número de anticorpos correlaciona con maior posibilidade de padecer a fraxilidade. Polo seu deseño, o estudo non pode establecer se o toxoplasma causa a fraxilidade.
-
[Versión estendida] O primeiro tecido vaqueiro da historia data de hai 6200 anos e desde aquela non deixamos de utilizar a química para vestírmonos. Os desenvolvementos químicos marcaron e marcan como é a moda da roupa. Conversamos con Javier Sardina, catedrático de Química Orgánica da USC, sobre tinguiduras, estampados, colorantes, tecidos, os vaqueiros,...
-
(3:26) Maite Vence lévanos de ruta científica pola Fisterra ornitolóxica
(9:05) O primeiro tecido vaqueiro da historia data de hai 6200 anos e desde aquela non deixamos de utilizar a química para vestírmonos. Os desenvolvementos químicos marcaron e marcan como é a moda da roupa. Conversamos con Javier Sardina, catedrático de Química Orgánica da USC, sobre tinguiduras, estampados, colorantes, tecidos, os vaqueiros,...
(39:25) A catedrática de piscobioloxía da UdC Blanca Laffon cóntanos os posibles nexos entre o toxoplasma e a síndrome de fraxilidade das persoas maiores. Dous grupos da UdC realizaron un estudo con 600 voluntarios galegos e portugueses maiores de 65 anos. Atoparon que o 70 % tiñan sufrido toxoplasmose e que un maior número de anticorpos correlaciona con maior posibilidade de padecer a fraxilidade. Polo seu deseño, o estudo non pode establecer se o toxoplasma causa a fraxilidade. -
A historia de como Einstein e Leo Szilard realizaron 45 patentes para construir unha neveira segura contada pola Avoa de Einstein.
-
(1:57) Ruta Ordes a Conciencia de Observer Turismo Científico con Maite Vence.
(8:10) É pouco coñecido que Einstein inventou un modelo de neveira. O principio físico no que se fundamenta é o mesmo que emprega na actualidade o grupo de química de sólidos da UdC para atopar refrixerantes que non contribúan ao efecto invernadoiro. Veñen de descubrir materias que respiran CO₂ e cambian de temperatura. Conversamos con José Manuel Bermúdez, investigador do CICA.
(38:53) Iolanda Seoane, técnica de investigación e divulgación do INCIPIT-CSIC, cóntanos como celebran o 11F, o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
(42:58) A Bitácora do Beagle de Julio Rodríguez recolle un estudo que atopou unha relación entre o xene X e a alta prevalencia de doenzas autoinmunes nas mulleres. -
O virólogo César Muñoz Fontela dedica unha das súas historias de virus ao sarampelo
-
(1:45) Bibiana García Visos cóntanos que significa desde o punto de vista da ciencia a expresión "queimar calorías"(11:18) O único material de construción que cando se fabrica secuestra CO₂ é a madeira. Visitamos o CIS-Madeira en Tecnópole onde conversamos coa técnica deste centro Azahara Soilán e con Esther Merlo de Madera Plus.
(40.40) O virólogo César Muñoz Fontela dedica unha das súas historias de virus ao sarampelo. - Show more