Episoder
-
Manglende episoder?
-
Programa especializado no mundo do agro
-
A avespa velutina chegou a Galicia hai 12 anos e non deixou de multiplicarse; calcúlase que hai máis de 22.000 niños deste insecto. A mellor estratexia contra esta praga é matar ás raíñas e disto falamos co sarxento do parque de bombeiros de Celanova, José Luís Rodriguez. Examen das perspectivas da colleita de aceite e dos prezos deste produto con Juan Luís Ávila, aceiteiro andaluz e membro de COAG, e con Julio Quiroga, produtor galego de aceite. Descubrimos as herbas de San Xoán, as máis comúns, en que terreos se poden recoller, en conversa co profesor de Ciencias xubilado Amancio Castro.
-
130 candidaturas presentáronse ós premios Galicia Alimentación 2024, un 30 por cento máis que na anterior edición. Falamos sobre o momento da industria galega co presidente do Clúster de Alimentación de Galicia, Andrés Rodríguez. Analizamos o éxito dos seus proxectos con 3 dos premiados: Benigno Pereira, de Queizuar-Queixería Bama; Caros Barral, de Queixería Barral; e Cristina Fernández, da empresa CEAMSA. Entrevista a Maruxa Blanco, presidenta da Asociación Galega de Apicultura coincidindo coa 39ª Mostra de Arzúa.
-
O programa analiza os prezos do leite en Galicia ante os rumores dunha nova rebaixa por parte da industria en conversa con Roberto López, voceiro da asociación de gandeiros Agromuralla, e coas opinións doutros axentes do sector e das administracións. O coordinador dos servizos xurídicos de Unións Agrarias, Feliz Porto, fálanos da campaña que realizan frente ós “cobros indebidos da Seguridade Social” ós autónomos do sector primario. Na entrevista con Rafael Urrialde, profesor da Universidade Complutense, descubrimos os problemas actuais e os retos da seguridade alimentaria. O catedrático en Biotecnoloxía Jose Miguel Mulet, da Universidade Politécnica de Valencia, explica a necesidade de aplicar a tecnoloxía na agricultura para resolver problemas derivados do cambio climático e o aumento da poboación.
-
Amplíase ata o 15 de xuño o prazo para que agricultores e gandeiros presenten as súas solicitudes de axuda da Política Agraria Común. Ana Rodríguez, do Sindicato Labrego Galego, coméntanos as dificultades burocráticas derivadas dos cambios na PAC. A Xunta prohibiu xa as queimas forestais e agrícolas ante o risco de incendios e por iso achegámonos a experiencia dun axente forestal. Analizamos os primeiros meses de SOS Rural coa sua voceira, Natalia Corbalán, e revisamos o prezo da tenreira galega en conversa con Santiago Rego, presidente da Asociación de Gandeiros Galegos da Suprema.
-
Coñecer experiencias, proxectos e avances encamiñados á conservación da fauna e a unha cría responsable é o obxetivo do congreso organizado por FAUNA. Luís Olmedo, membro desta asociación achéganos ó seu labor. Descubrimos o potencial da produción do chopo en Galicia co biólogo Roque Rodríguez Soalleiro. O técnico da cooperativa Ullama avánzanos como será a próxima edición da Feira da Sidra da Estrada e coñecemos os efectos das xeadas desta primavera nos viñedos.
- Vis mere