Episodes
-
Beli Martínez debulla a programación de fin de semana do festival Novos Cinemas, cuxa sexta edición está desenvolvéndose en Pontevedra. Destaca o foco dedicado á cineasta María Pérez Sanz, a sección ‘Por primeira e última vez’ e mais a película de clausura, Espíritu Sagrado, de Chema García Ibarra.
-
Beli Martínez convídanos a ver algúns dos filmes galegos que chegan aos cines esta fin de semana: a longametraxe de animación Valentina, dirixida por Chelo Loureiro, o documental Tierra de leche y miel, sobre as feridas que a guerra e ¿Qué hicimos mal?, dirixida por Liliana Torres e con Xulio Abonjo no elenco.
-
Missing episodes?
-
Beli Martínez e Ángel Suanzes repasan os filmes galegos que se proxectan nos próximos días no festival internacional de Xixón.
-
Beli Martínez comenta algúns dos filmes que podemos ver nestes días no festival santiagués Cineuropa: Diarios de Otsoga do portugués Miguel Gomes e Maureen Fazendeiro, A Chiara, de Jonas Carpignano e Malencolía, a última película de Alfonso Zarauza
-
Beli Martínez tráenos na súa colaboración desta semana o congreso Small cinemas que se celebrou onte e hoxe en Santiago, na Facultade de Comunicación. O congreso que leva como subtítulo “Do celuloide ao streaming: conservación e circulación dos pequenos cinemas”. Esta 12ª edición da Small Cinemas Conference (organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais e celebrada por primeira vez en Galicia) reúne a participantes de máis de 20 universidades e outras institucións para tratar cuestións como o impacto do streaming nos pequenos cinemas, o papel do circuíto de festivais no posicionamento destes, a efectividade das políticas públicas para promovelos ou as posibilidades dos arquivos institucionais e comunitarios para conservar este cinema, con achegas que analizan casos de cinematografías como a galega, a polaca, a vasca ou a chilena, en moitos casos marcadas pola presenza de linguas minorizadas.
-
O cinema galego non para e a nosa colaboradora do audiovisual, Beli Martínez, vén dar fe disto unha semana máis, comezando pola Semana Internacional de Cine de Valladolid.
-
A nosa galardoada colaboradora Beli Martínez repasa connosco as últimas novas do mundo audiovisual galego centrándose na muller e no rural galego e no cine documental.
-
Beli Martínez fálanos do documental Clown’s Planet de Héctor Carré e repasa a programación do Galician Freaky Film Festival.
-
Xa pode verse nas salas de cine ‘Negro Púrpura‘, un filme de sobre o fungo alucinóxeno do centeo, rodado por Sabela Iglesias e Adriana Villanueva, de Illa Bufarda. Beli Martínez repasa a historia desta produtora que traballa sobre todo no campo do documental e a animación.
-
Ángel Suanzes e Beli Martínez debullan desde Donostia esta 69ª edición do certame e a participación do cinegalego. O filme ‘Eles transportan a morte‘ e o documental ‘No somos nada‘ inauguran as seccións nas que se proxectan.
-
Beli Martínez fálanos do paso do cine galego polo festival de Venecia e do FIC Bueu, o festival internacional de curtametraxes que se desenvolve entre no Morrazo ata o 19 de setembro.
-
A oferta do Festival de Cans é infinda e, con Beli Martínez, a nosa colaboradora experta no audiovisual, falamos dalgunha das súas escollas.
-
Beli Martínez avánzanos a avalancha de festivais de cine do mes de setembro. Na Mostra de Venecia proxectaranse dous filmes galegos: 'Eles transportan a morte' e 'Tres'.
-
Beli Martínez fala da relación entre fotografía e cinema a través de documentais que retratan a fotógrafos e amosan a súa forma de entender o seu traballo: José Gil, fotógrafo e pioneiro do cine, de Miguel A. Romero; Virxilio Viéitez, más allá del oficio, de José Luis López Linares ou Alberto García-Alix. La línea de sombra, de Nico Combarro.
-
Beli Martínez escolma películas galegas recentes que se desenvolven durante o verán, como ‘Pradolongo’, ‘A estación violenta’, ‘As altas presións’ ou ‘Live is life’.
-
Fanse 20 anos da película galega 'O bosque animado', filme de animación producido por Dygrafilms e dirixido por Manolo Gómez e Ángel de la Cruz, que conseguira dous premios Goya.
-
A nosa colaboradora do audiovisual, Beli Martínez, tráenos filmes como “A Penumbra”, que se estreará neste festival.
-
Comentamos a atmosfera do Festival de Cannes con Beli Martínez, in situ, que aproveita tamén para falarnos dos premios Mari Luz Morales.
-
Beli Martínez tráenos, como cada semana, as mellores recomendacións cinematográficas, encabezadas nesta ocasión pola curta ‘Sycorax’, do director galego Lois Patiño, que estará no Festival de Cannes e de cuxa produción participa a propia Beli.
-
Beli Martínez fálanos de proxectos audiovisuais relacionados cos Tesouros Humanos Vivos.
- Show more