Episodes
-
“O "waterproof" non significa que o fotoprotector resista aos baños, senón que non perde a súa capacidade baixo a auga tras 80 minutos de inmersión”. Este e outros 9 mitos sobre a protección solar, desmentidos pola nosa científica de cabeceira, Déborah García Bello.
-
Missing episodes?
-
Hoxe falaremos dos raios UVA, de como afectan á saúde (máis do que se pensaba) e de como evitalos.
-
Con motivo da presentación dun anteproxecto de lei que pretende regular as baixas relacionadas coa dor menstrual, hoxe toca falar da dor de regra dende una perspectiva científica.
-
En Europa, regulamento que prohibe testar cosméticos en animais dende o ano 2009. Como se fabrica a pel artificial para facer as probas destes produtos?
-
O Madblue é un evento sobre innovación, ciencia e cultura na procura do desenvolvemento sustentable. Haberá conferencias e exposicións ata o 1 de maio, con científicos, deseñadores, artistas, arquitectos...
-
Déborah Ciencia, no Galicia por Diante.
-
Falamos de mitos relacionados coa carne e a gandeiría, sobre todo os que teñen que ver co impacto medioambiental: "En Galicia é esencial para a biodiversidade e o coidado da paisaxe"
-
Déborah García Bello lévanos, nos 37 anos da Radio Galega, á Galicia do 1985
-
Déborah García está en Madrid, onde impartiu unha conferencia sobre materiais e creatividade no Museo Reina Sofía, nun curso dirixido por David Barro, “o noso Isaac Díaz Pardo”.
-
#8M Os tópicos das vestimentas van por épocas. Cóntavolo Déborah ciencia.
-
Hai algo de ciencia en que fagamos cocido no entroido?
-
“Non hai cosmético que chegue ao mercado sen antes certificar ante as autoridades sanitarias que o seu uso é totalmente seguro”. Palabra de Déborah García.
-
Déborah recibiu o premio "Embaixadora do CICA" polo seu traballo de divulgación científica, sobre todo o relacionado cun novo material chamado perovskiña. Falamos con ela para entender que é.
-
Falamos de amor e ciencia para ir ben preparados ao San Valentín. Déborah explica como as moléculas que median nas relacións de afecto tamén son as que están detrás do racismo ou a guerra.
-
Déborah explica para todos os públicos que é exactamente una PCR e que é iso dos"ciclos" da PCR. Todo a conta dun informe que publicou estes días a Sociedade Española de Enfermidades Infecciosas e Microbioloxía Clínica. Están a empregarse os "ciclos" da PCR para dar altas e decidir se una persoa infectada é contaxiosa, e isto é un erro. O propio Ministerio de Sanidade no último documento de Estratexia e Control da COVID-19 tamén pon que a interpretación dos "ciclos" non é fiable. Todo isto e máis cuestións, no Deborah Ciencia.
-
Déborah García aclara os mitos da sexta vaga.
- Show more