Episodios
-
Jéssica Bouzas segue facendo historia ó pasar á terceira ronda en Wimbledon.
O Celta inicia a precampaña e acelera os cambios no vestiario. Confirmada a saída de Raúl Blanco Juncal e en negociacións a saída de Miguel Rodríguez e a incorporación do mexicano Emilio Rodríguez. Conversamos co xornalista deportivo do país azteca Beto Villanueva para analizar o percorrido e o potencial deste xogador do Pachuca. Previa do partido España-Alemaña da Eurocopa, coas impresións do seleccionador Luís de la Fuente defensa Dani Carvajal e coa análise do xornalista especialista en fútbol internacional Andrés Bais. Entrevista a Vicky Vázquez, adestradora das Celtas, que apunta a ilusións e as expectativas coas que arranca o primeiro equipo feminimo do club celeste. Repaso ás novidades no baloncesto e no futbol sala e ó programa do Rally Rías Baixas.
-
Entrevista ó ex-celtista José Fontán, que se incorporou ó Arouca de Portugal tras permanecer 13 anos no club celeste. Repaso ós movementos no Racing de Ferrol, coa entrada de 2 xogadores, e nos equipos da 1ª e 2ª FED Entrevistas ós galegos Miki Villar, que fichou por un club da máxima categoría no fútbol polaco, e Víctor Eimil, que renovou no Real Unión. Impresións do galego Joselu Mato sobre o próximo partido da selección contra Alemaña na Eurocopa. A lista oficial da selección española de atletismo nos Xogos Olímpicos inclúe a 7 galegos, 5 mulleres e 2 homes. Conversamos con Yulemnis Aguilar, que confirmou o seu soño tras moitas complicacións.
-
¿Faltan episodios?
-
Entrevista a Jéssica Bouzas clasifícase para a segunda ronda do grand slam de Wimbledon tras derrotar a actual campioa. A tenista vilagarciá analiza o seu partido e como afronta o torneo tras este triunfo. Repaso ás novidades no mercado de fichaxes do fútbol galego. Conversa con Lautaro de León, que abandona o Celta para incorporarse ó Andorra. Analizamos a situación dos equipos na Eurocopa e recollemos as impresións do dianteiro da selección española Mikel Oyarzabal. Ultimas novidades no baloncesto galego. Entrevista a Sergi García, que abandona o Breogán.
-
Comentamos a última parte do partido Portugal-Eslovenia da Eurocopa. Repaso ós últimos movementos nos equipos galegos, con especial atención ós da 1ª FED. Presentación do novo adestrador do Arenteiro, Raul Jardiel, e entrevista ó novo porteiro do Ourense CF, Pato Guillén. Análise dos resultados do piragüismo español, dos padexeiros galegos no Campionato Europeo de Bratislaba, en conversa con Manu Fontán e Martín Jácome, que lograron medalla de ouro.
-
Movementos no fútbol galego. Comentamos a negociación acelerada do Celta para vender o dianteiro Jorgen Strand Larsen ó Wolverhamptond, da Premier inglesa, e a confirmación do galego Manolo González como adestrador do Español. Entrevista ó xogador Jon García, que da por feita a súa saída do Racing de Ferrol ante a falta de conversas co club. Repaso ás novidades na 1ª e 2ª FED e conversa co centrocampista Nacho Fariña, de regreso ó Coruxo. O director técnico do Celta Atletismo, Oscar Fernández, analiza as oportunidades dos atlétas galegos no Campionato Español da fin de semana; podería ser o trampolín de Yulenmis Aguilar e Adrián Ben para os Xogos de París.
-
Entrevista á regatista galega Támara Echegoyen, que será abandeirada de España nos Xogos Olímpicos, xunto a Marcus Cooper. Na conversa comparte o seu desexo de buscar novos retos tras a cita de París. Celebramos o sexto título de liga no futbol sala feminino do Burela en conversa, na festa, coa xogadora Antía Pérez e o presidente do equipo Manuel Blanco. Repaso ós últimos movementos no fútbol galego, con declaracións de Alvaro García Diéguez, que abandona a presidencia do Deportivo. Entrevista ó director deportivo do Vizela, o equipo portugués interesado en Héber Pena.
-
Repaso ós últimos partidos da Eurocopa e ó mercado dos equipos galegos. Entrevista á xogadora galega Vero Boquete sobre a súa tempada na Fiorentina e as perspectivas da selección española feminina nos Xogos Olímpicos. Falamos co padexeiro Pablo Crespo, que será o representante español na proba C-1 mil metros nos Xogos de París. Impresións do Burela FS feminino ante o partido co Salamanca, en declaracións do seu adestrador, Xulio Delgado. Entrevista a Moncho López, novo adestrador do Club Ourense Baloncesto, sobre este regreso a Galicia.
-
Repaso á situación da selección española e do resto do grupo na Eurocopa. Lembramos a José María Caneda, que levou a Sociedade Deportiva á 1ª División, en conversa co xogador brasileiro Fabiano Soares. Análise dos cambios e das expectativas dos equipos de futbol das categorías superiores. Entrevistamos a Manolo Gonzalez, adestrador galego do Español, e recollemos as impresións de Fernando Soriano, director do Deportivo, sobre a preparación e os obxectivos para a nova tempada. Conversa co novo adestrador do Arenteiro, o aragonés Raúl Jardiel. Previa do próximo partido do Burela FS feminino na loita polo título de liga coa xogadora Rafinha Nicacio.
-
Repaso ós últimos partidos da Eurocopa, ás seleccións e xogadores favoritos ata o momento. Examinamos o ascenso do Español e os equipos que integrarán a 2ª División a próxima tempada cos nosos colaboradores Peli Cantoná, Perico Balado, Alex Gesto, Rafa Cabeleira e Millán Gómez. Análise da situación do Gran Peña tras a derrota na eliminatoria ó ascenso á 2ªFED e do Rápido de Bouzas, que descende á Preferente Sur. Tempo para lembrar os protagonistas da semana.
-
Análise cos nosos colaboradores da vitoria da selección española fronte a Italia, que mete o equipo en oitavos da Eurocopa, e do mercado de fichaxes do fútbol galego. Previa do partido Salamanca-Celta C Gran Peña polo ascenso á 2ª FED en conversa con Mario Cantero, un dos xogadores do equipo vigués. Analizamos as expectativas do Burela FS feminino ante o próximo partido na loita polo titulo de liga de balonmán coa xogadora Antía Pérez. Entrevista a atleta especializada en marcha Antía Chamosa, que se suma a lista de galegos que estarán nos Xogos Olímpicos de París. A selección feminina de hoquei a patíns prepárase en Laias, Ourense, e conversamos co seleccionador Carlos García Cuenca.
-
Analizamos os últimos partidos da Eurocopa e os escasos movementos no fútbol galego. Entrevista á xogadora Nuria Rábano, que comezou no Deportivo e agora milita no equipo campión da liga alemá. Conversamos co adestrador Fran Justo, tras confirmarse a súa marcha do Real Unión. Tempo para lembrar ó último ascenso do Deportivo á 1ª División, en 2014, cun dos protagonistas, o xogador portugués Luisiño. Repasamos as últimas incorporacións no baloncesto galego e as impresións do Uni Ferrol de balonmán feminino que xogará na Euro Cup a próxima tempada. Un atleta coruñés con máis de 60 anos e 35 maratóns ás súas costas, José Antonio Cambre, explícanos por que engacha o running.
-
Repasamos cos nosos colaboradores Javi Torres, Rafa Cabeleira e Álex Gesto os últimos partidos xogados na Eurocopa e o calendario da Primeira División, que levará o Real Madrid e o Barcelona ó estadio de Balaídos en outubro. Coñecemos as expectativas de Borja Fernández, que continuará como adestrador do UD Ourense. Análise con Millán Gómez das incorporacións e saídas no baloncesto galego. Conversamos con Miguel Méndez, seleccionador nacional do baloncesto feminino, que prepara o equipo en Vigo de cara ós enfrontamentos previos ós Xogos Olímpicos. Entrevista ó novo director xeral do CB Breogán.
-
Análise cos nosos colaboradores da actuación das seleccións na Eurocopa ata o momento e dos movementos no mercado do deporte galego. Entrevista ó xogador do Arenteiro Manu Romay, que marcha do equipo tras 2 tempadas. Conversamos co padexeiro tomiñés Manu Ochoa tras confirmarse que será un dos representantes españois nos Xogos Olímpicos. Festa no Burela masculino de fútbol sala polo ascenso á primeira división e entrevista ó xogador Luís López García, Lucho, protagonista da vitoria.
-
Analizamos os primeiros partidos da Eurocopa, en especial a vitoria da selección española fronte a Croacia, e o escaso movemento no mercado do fútbol galego cos nosos colaboradores Xavi Torres, Victor López, Alex López, Peli Cantoná, Rafa Cabeleira e Millán Goméz. Coméntamos a derrota do Celta C Gran Peña frente ó Salamanca na eliminatoria polo ascenso a 2ª FED, con especial atención á arbitraxe do partido.
-
Analizamos cos nosos colaboradores os movementos no fútbol galego: renovacións, fichaxes, saídas... Entrevista ó presidente do Arenteiro, Argimiro Marnotes, tras confirmarse a marcha do adestrador, Javi Rey. Previa do partido Celta C Gran Peña-Salamanca, na loita polo ascenso á 2º FED. A atleta viguesa Esther Navarrete repasa os resultados do equipo español no Campionato Europeo e avanza as súas expectativas para os Xogos Olímpicos.
-
Entrevista ó canteirán e membro do equipo técnico do Celta Borja Oubiña coincidindo coa presentación de “4 Oubiña”, unha biografía na que narra a súa traxectoria e a súa paixón polo fútbol.
Analizamos cos nosos colaboradores a situación dos equipos de fútbol, do baloncesto e do balonmán galegos. Coñecemos as expectativas e a ilusión de Charlie Uzal, novo director do Básquet Coruña, equipo ó que leva ligado case 20 anos. Entrevista a Manolo Blanco, presidente do Burela FS, que o sábado xogará polo seu sexto título da liga feminina de balonmán.
-
Analizamos algunhas entradas e saídas no fútbol galego e entrevistamos ó xogador galego do Betis Fran Vieites e ó axente de futbolistas Francisco Javier Villaverde, Villa, que xestiona a carreira, entre outros, de Kevin Vázquez e Pablo Durán. Comentamos a eliminación do Liceo ante o Noia nas semifinais da OK Liga e o salto do Burela á final da Liga Feminina de Balonmán tras derrotar ó Poio. Repasamos as novidades no baloncesto galego e coñecemos as impresións do Básquet Coruña ante a súa nova tempada na ACB, en conversa co seu adestrador, Diego Epifanio.
-
Analizamos cos nosos colaboradores os movementos nos equipos galegos, con especial atención a situación dos conxuntos de 1ª , 2ª e 3ª FED. Conversamos co director deportivo do Arenteiro, Alex Vázquez, trala renovación do seu contrato e con José Rivera, xogador do Celta C Gran Peña, sobre a eliminatoria de ascenso á 2ª FED. Previa do partido polo titulo de liga de fútbol sala feminino Burela-Poio, con entrevista a xogadora do Poio Ale de Paz. Entrevista ó xogador Marti Serra do Hoquei Club Liceo ante o próximo partido de semifinais co Noia.
-
Analizamos a actualidade do fútbol galego con especial atención o próximo partido Málaga-Celta Fortuna, en conversa co xogador do equipo vigués Joel Lago. Previa do partido Gran Peña-UD Ourense, coas impresións do xogador Luís Miguel Rincón, Luismi.
Repasamos as citas galegas da fin de semana no hóckey a patíns, no fútbol sala e no balonmán. Viaxamos ata Roma e falamos coa lanzadora Belén Toimil, que participa no Campionato Europeo de Atletismo, proba previa ós Xogos Olímpicos.
-
Examínamos cos nosos colaboradores as renovacións, as entradas e saídas dentro do fútbol galego, que completamos coas entrevistas ó xa ex-xogador do Racing de Ferrol Jesús Bernal e ó novo adestrador do Arousa, Michel Alonso. Análise da vitoria do Club Balonmán Cangas dentro da eliminatoria pola permanencia na liga ASOBAL. Conversa co capitán do equipo, Juan Quintas. Lembramos o partido xogado pola selección galega fronte a Uruguay hai 18 anos en conversa cun dos convocados, José Luís Deus.
- Mostrar más