Episodes
-
Chegou ese día, o día da despedida. A Gruta de Gizamaluke remata logo de 216 programas e unha chea de conversas e boas lembranzas.Volveremos? De seguro que algún día si, mais toca descansar, durmir, pechar a porta da cova e xa se verá que trae o tempo.Grazas por estardes aí sempre, desde o inicio. Este falangullo sempre será un lugar seguro, unha casa e un faro nas tebras. Apertas, de corazón.
-
Imos co penúltimo capítulo da tempada, un capítulo onde comentamos dúas das conferencias máis importantes do verán como foron as de Microsoft e o Summer Game Fest. Nostalxia de E3? Pois si, non imos agochalo.
-
Episodes manquant?
-
Seguimos falando da industria dos videoxogos, das súas obras, das súas cousas, das nosas vidas.O equipo non comeza ao completo, pero acaba xuntiño. Charlie, Sara, Ana e Juan percorrendo as ondas dixitais.
-
De novo aquí estamos, cumprindo o obxectivo con marzo e facendo doblete mensual.Falamos de DLCs, de Rise of the Ronin, de Nintendo Switch 2 (?) e dalgunhas outras cousas neste novo capítulo.Graciñas por escoitar (e ver!)Apertas!
-
Pois alá imos, seguimos avanzando e comentando as cousas que pasan este ano 2024!E que sinalamos? Palworld, Final Fantasy VII Rebirth, Xbox sacando xogos en PlayStation... esas cousiñas.
-
Primeiro programa do ano 2024, chegamos até unha nova cifra, chegamos na sexta tempada até limites insospeitados!Falamos, como non, de videoxogos e esas lerias, da industria, da conservación das obras dixitais, do novo Prince of Persia, algo de Elden Ring, de Ubisoft... o típico e básico!Vémonos, coma sempre, tamén no YouTube (Aínda que desta vez, coido que en dúas partes)
-
De novo aquí, na trincheira dixital, nas ondas visuais, no YouTube, facendo un falangullo sobre videoxogos.Podedes imaxinar de que imos falar: GOTYs, GTA VI, Fntastic etcétera. O derradeiro programa do ano vén con conversas e sorrisos, mesmo con 'face reveals' que tanto prestan. Boas festas, xente! Entrade ben e mellor que ben no 2024.
-
Coa equipa ao completo, o que inclúe a volta de Sara, comeza de xeito oficial a nova tempada da Gruta de Gizamaluke.Non tivemos todas as cámaras, pero podía ser peor. De novo, falamos de videoxogos: Marvel's Spider-Man 2, Baldur's Gate 3, os GOTY, o GTA VI... e máis.Cada mes, en todas as plataformas habituais de audio (Spotify, Ivoox...) e agora, tamén, no YouTube.
-
Nova tempada, novo formato, novas conversas.A tempada 6 trae versión en vídeo, mais non esquece o audio polo camiño.Agora iremos con menos temas, pero máis palabras para cada un. Desta vez tocou falar do FF XVI, do Blasphemous 2 e un pouquiño (bastante) de como estamos a ver a industria dos videoxogos e as súas comunidades.
-
FINAL DE TEMPADA! Chegamos ao mes de xullo algo cansos, non imos mintir. Comezamos este camiño con outras cargas laborais e persoais, mais aquí seguimos, tratando de manter a nave no aire e a gruta limpa.Graciñas por seguirdes, por escoitar este falangullo coas orellas abertas e por todas esas mensaxes que van quedando no Discord. Querémosvos!Vémonos en setembro, coma os bos rencontros.
-
Pois penúltimo programa da quinta tempada. Comezan as vacacións de verán nos estudios e o chamado deserto de información relevante de actualidade, pero temos as nosas vidas para compensarNovas do díaA que estamos a xogar?Non sabemos de videoxogosPolo si ou polo non
-
O verán xa comezou e nós logramos pelexar contra a calor, mais non sabemos por canto (en realidade... si, até o 12 de xullo). A fin de tempada se aproxima.Novas da semanaA que estamos a xogar? :: Final Fantasy XVI, R&C: Rift ApartO Discord Opina :: Nicolas CagePolo si ou polo non
-
Pois chegamos á recta final de xuño logo dun par de semaniñas con eventos varios e novas diversas. Seguimos ao pé da noticia!Novas da semanaA que estamos a xogar?Non sabemos de videoxogosPolo si ou polo non
-
Imos facer un pequeno especial un tanto monográfico, con todos os eventos que sucederon nos últimos días... que no foron poucos: Xbox, Ubisoft, Capcom, Summer Game Fest...Para a semana, con toda a equipa e con todas as seccións coma sempre! Que non somos nós de cambiar moito e xa anda o final de tampada aí ao fondo!
-
Seica case estamos co 50 % do ano completado... sexa como for, o noso e seguir traendo algunhas novas ás portas da semana das conferencias (das moitas que vai haber)Novas da semanaA que estamos a xogar?O Discord OpinaPolo si ou polo non
-
Agora si, retomamos vida, retomamos programa e até que remate a tempada non debería haber sorpresas. Desta ocasión poñemos o foco no PlayStation Showcase que houbo moito anuncio pero.. pouca cousa? Xa vemos!Novas da semanaA que estamos a xogar?Non sabemos de videoxogosPolo si ou polo non
-
Pois nada, o Día das Letras Galegas gravamos e deixamos un programiña con Link como protagonista, claro, como non podía ser doutro xeito.É un chisco máis curto que os habituais porque son tempos duros de traballo, pero volvemos en 15 días con máis forza que nunca.Novas da semanaA que estamos a xogar? :: Zelda: Tears of the Kingdom
-
Antes de nada, desculpade algúns tramos nos que escoitaredes o programa algo robótico, mais a conexión (R, ti, si) non quixo axudar! Porén, seguimos vivas, coma sempre, tentando traer a información máis relevante do mundo dos videoxogos até as rúas orellas.Novas da semanaA que estamos a xogar?O Discord OpinaPolo si ou polo non
-
Veña, que xa comezamos maio, xa deixamos atrás o inverno e xa temos as pilas cargadas, tal e como deben estar.Novas da semanaA que estamos a xogar?Non sabemos de videoxogosPolo si ou polo non
-
Nada, A Gruta segue un pouco coma sempre, que se estás a gusto na casa e mellor non mudala moito, nin sequera con moitas novas que chegan.Novas da semanaA que estamos a xogar? :: Ghostwire Tokyo, Teteis Effect....O Discord Opina :: Que xogo e que gráficos acabaron contigo?Polo si ou polo non
- Montre plus