Episodes
-
Neste episodio, exploramos o ascenso da extrema dereita en Europa e como Galicia consegue evitar ser arrastrada por este fenómeno global. A través dunha análise das dinámicas internacionais, reflexionamos sobre como a falta dunha estratexia clara da Unión Europea e o seu afastamento do debate cidadán facilitan que actores como Musk e líderes ultradereitistas medren ao seu redor. A incapacidade da UE para abordar as súas debilidades estruturais a converte nun obxectivo fácil para os seus críticos, especialmente no contexto dunha Europa que non logra xerar un verdadeiro debate paneuropeo. Ao mesmo tempo, en Galicia, a ausencia de problemáticas identitarias e o distanciamiento da dereita española da identidade galega axudan a manter un perfil político distinto, mantendo a nosa comunidade máis alonxada da influencia desta onda reaccionaria.
-
Nesta semana analizamos o bloqueo da comisión de investigación en Galicia, onde o PPdeG utilizou a súa maioría absoluta para evitar calquera control efectivo sobre os contratos cuestionados da Xunta. Ademais, trasladámonos a Francia para abordar a profunda crise política tras a caída do goberno de Michel Barnier, con Marine Le Pen emerxendo como favorita nun panorama de crecente desafección. Dous contextos que nos lembran os perigos da falta de transparencia e a erosión da confianza cidadá.
-
Episodes manquant?
-
No episodio de hoxe analizamos a asemblea do BNG na que se contrapoñen obxectivos políticos que ás veces parecen pouco reconciliables.
-
No primeiro episodio dos Venres en Punto!, Roi analiza o debate político dos orzamentos e como as ideas forza do BNG están a influír nas políticas públicas do PPdeG. Tamén afondamos na polémica arredor do pacto polo galego, coas críticas internas no PP e a demisión de Daniel Chapela, mentres reflexionamos sobre o futuro da lingua. Finalmente, viaxamos a Vigo para falar das luces de Nadal: éxito turístico ou oportunidade perdida para elevar a calidade e conectar coa identidade galega? 15 minutos para comprender a actualidade galega semana a semana.