Episódios
-
Unha parella de espías rusos vive camuflada na sociedade norteamericana. Unha familia idílica formada por un matrimonio con dous fillos. Durante anos ocultaron a súa verdadeira identidade e enganaron a todo o mundo, incluídos os seus propios fillos.
-
Foron mulleres pioneiras, empresarias e creadoras dos cosméticos e artigos de maquillaxe que seguimos usando hoxe en día. Levaron vidas paralelas, pero tamén foron inimigas íntimas. Eran Elizabeth Arden e Helena Rubinstein.
-
Estão a faltar episódios?
-
Segundo dixo dela Joaquín Sabina, “era tan pobre que non tiña máis que diñeiro”. Unha serie de desgrazas fixeron que herdase unha fortuna e converteuse na muller máis rica do mundo. Pero os cartos non puideron acabar coa maldición que a acompañou toda a vida. Era Cristina Onassis.
-
Con 60 anos, cando parecía que xa fixera todo na súa carreira como actriz, apareceu unha serie de televisión co papel da súa vida. Esa mesma serie serviu para homenaxear unha muller real: unha anciá afeccionada a resolver crimes. Eran Angela Lansbury e Frances Glessner.
-
Igual que na obra de Lorca, esta historia transcorre nun mundo no que unha muller que non ten fillos non ten valor. A protagonista deste capítulo foi rexeitada polo seu amor e polo seu país por ser estéril. Era Soraia, a princesa dos ollos tristes.
-
Unha xornalista estadounidense no século XIX e un escritor monárquico na España franquista. Que teñen en común? Os dous finxiron estar tolos para vivir a experiencia de ingresar nun sanatorio mental. Eran Nellie Bly e Torcuato Luca de Tena.
-
Cristina García presenta a terceira tempada de Superando a Ficción. Con novos e novas protagonistas e as historias máis incribles. Aquí podes escoitar un pequeno adianto do que Cristina García nos ten preparado.
-
Nunca subestimes unha loura. Se o famoso gangster Johny Stompanato tivese isto en conta, non acabaría pasando o que pasou na casa de Lana Turner.
-
Un elemento químico que foi polémico no momento do seu descubrimento polo nome que recibiu. A polémica regresou cando foi utilizado nunha famosa conspiración para matar un espía.
-
Drogar unha muller para abusar dela non é de agora. A historia está chea de casos de violación por submisión química. Atopar unha famosa que fose vítima deste tipo de agresión e o contase foi difícil. E non só o contou, senón que converteu este episodio na súa fortaleza.
-
Cantas posibilidades hai de sobrevivir a un accidente de avión? Lamentablemente son poucas. Tan poucas que nin os famosos se libraron, porque, ó final, só os anxos teñen alas. A historia de amor dun boxeador e unha cantante rematou nunha viaxe en avión.
-
Os cruceiros son as vacacións soñadas por moita xente. Neste capítulo imos subir ó primeiro cruceiro polas illas gregas. Un barco cheo de membros da realeza que fixo unha ruta que repetiron millóns de pasaxeiros nos últimos anos.
-
Que pasaría se un día descobres que tes un irmán xemelgo? Nas películas acontece, pero tamén na realidade. E, ás veces, os protagonistas son coñecidos.
-
Cristina García presenta unha nova tempada de Superando a Ficción. Con novos e novas protagonistas e as historias máis sorprendentes. No entretanto, aquí podes escoitar un pequeno adianto do que Cristina García tennos preparado.
-
Harper Lee e Truman Capote eran amigos desde a infancia. Nos anos 60 os dous eran escritores de éxito cando viaxaron a Kansas para investigar un crime real. O resultado desa investigación foi o famoso libro de Truman Capote “A sangue frío”. Anos despois, cando Harper Lee buscaba un suceso real para escribir o seu propio “A sangue frío”, apareceu ante ela a historia dun reverendo de Alabama que era un asasino en serie.
-
Unha película que parece realidade. Unha realidade que parece ficción. Mentres Roberto Rosellini e Ingrid Bergman rodaban 'Stromboli', detrás das cámaras entraba en erupción un verdadeiro volcán.
-
Un dos xornalistas que destapou o escándalo Harvey Weinstein viviu na súa familia un caso de abusos sexuais que quedou sen xulgar. Falamos de Ronan Farrow, fillo de Mia Farrow e Woody Allen.
-
Neste capítulo coñecemos a historia de El Encanto, uns grandes almacéns que converteron La Habana no París americano da primeira metade do século XX. El Encanto foi tamén a orixe dos grandes almacéns que existen en España na actualidade.
-
Estocolmo non só é a capital de Suecia, é tamén o nome dunha síndrome pero, por que se lle chama así? Neste capítulo afondamos na orixe da síndrome de Estocolmo e repasamos varios casos coñecidos
-
A protagonista é Gene Tierney, a muller máis bela da historia do cine. A muller á que un bico lle cambiou a vida. Este bico foi o inicio dunha traxedia que inspiraría á mesmísima Agatha Christie unha das súas novelas.
- Mostrar mais