Эпизоды
-
Nuns meses cumpriranse 50 anos exactos da caza da última balea na costa galega. Foi levada a Caneliñas, concello de Cee.Falamos con Paula Castiñeira, unha das autoras do documental "Caneliñas: 100 anos ". Tamén co historiador Santiago Llovo e o escritor Chisco Fernández Naval.
-
Пропущенные эпизоды?
-
Actos en Aguiño en lembranza do ´Cartagena´. Con Luís Crujeiras.
Mar de Proa: ACERGA celebrou xornada anual en Sada. Comeza a veda do polbo. .
Mar de fóra: Como afectarán os aranceis ao sector agropecuario?
Mar de vento: Ollada ao tempo que espera no mar.
Javier García Salido fálanos dos moluscos bivalvos.
-
Comeza a veda do polbo. Sobre ela falamos co presidente da Federación Galega de Confrarías, José Antonio Pérez Sieira, e co xerente de Pulponor, Fernando Simón. O armador Eduardo Carrera cóntanos como comezou a campaña da xarda e o bocarte no Cantábrico. O asesor legal de AETINAPE, Antonio Iglesias, comenta os problemas da política de cotas da Unión Europea.
-
O prezo do lirio dispárase nas lonxas por mor da súa escaseza. Tentamos saber as causas en conversa coa xerente da OPP de Ribeira, María Xosé Casais. Preocupámonos do futuro da empresa en concurso Pescados Rubén falando con Isabel López, da UXT. O investigador Juan Trigo contanos o que se sabe da chegada á costa galega dun verme exótico que parasita os moluscos, a planaria.
-
Mar de Proa: a crise do lirio. A situación de Pescados Rubén. A invasión do verme plano afecta os bivalvos.
Mar de Fóra: Costeira da xarda. Prórroga no xuízo do Villa de Pitanxo.
Mar Vivido: lembranza aos mortos no naufraxio de 1940 en Vilalonga cun monolito conmemorativo.
Mar de Vento: tempo e prognóstico no mar.
Colaboración do biólogo mariño Javier García Galdo: grupos de animais galegos do mar; os outros peixes.
-
Guerra de aranceis. Cal debe ser o papel da Unión Europea coa conserva española?
A pesca española avanza no primeiro marco colectivo laboral da súa historia.
Consumo de peixe en febreiro. Prezos.
Como está afectando a baixada de ingresos ás confrarías?
-
Nesta edición falamos dun producto 'premium' dos mares galegos : o ourizo. E fixémolo cunha mariscadora de A Guarda e un vendedor de Arou Na lonxa de Aguiño cotizou cun rexistro marca : cerca de 18 euros o quilo Tamen falamos do regreso das vieiras as lonxas galegas ; das reservas marinas en augas internacionais; dos icebergs e de si resulta factible aplicar a reducción da xornada laboral ao sector pesqueiro.
-
Entrevista monografica ao señor Maño. 93 anos e máis de 60 de mar
Foi o último patrón de lanchas xeiteiras da provincia da Coruña. Navegaba fundamentalmente na Ría de Fisterra e cercanía
A entrevista foi gravada na illa grande de Lobeira a carón do vello faro. Ata ali chegamos en barco.
-
Adecuación da frota de arrastre un mes despois do Consello de Ministros da UE.
A crise de Atunlo vive momentos decisivos.
Que pasou con Pescados Rubén de Burela? Como van as grandes empresas pesqueiras no inicio de 2025?
Lembranza a Bernardino Graña, poeta do mar.
-
MAR DE POPA: Comeza o proceso electoral na Federación Nacional de Confrarías. Falamos con Basilio Otero.
MAR DE FÁBULA. Barallobre aumenta nun 30 por cento as súas ventas despois da súa xira de promoción. Con Jorge López, patrón maior de Barallobre.
MAR DE PROA. Situación crítica do marisqueo a flote da ría de Pontevedra, con Iago Tomé, patrón maior de Raxó
MAR VIVIDO. A Xunta declara de interese galego a Fundación Estaleiros Fra. Entrevista a Francisco Fra.
Ollada ao tempo, que dín os prognósticos do mar? Con Marcial Sar, patrón de Fisterra e armador.
Colaboración de Javier García Galdo, Biólogo Marino. Experto en pesca sostible. Tema: as artes e aparellos de pesca: arte do xeito.
-
Neste programa falamos de dous libros que contan historias do mar de Galicia. O catedrático de bioloxía aninal Alex Aguilar cóntanos como investigou a historia da caza de baleas que reflicte na súa obra "Chimán". Con Noemí Sabugal facemos unha viaxe pola vida e historia das nosas costas como a que describe en "Laberinto mar". O noso colaborador Xavier García Galdo lévanos ao mundo dos seres mariños de lenda.
- Показать больше