Folgen
-
Nesta semana analizamos o bloqueo da comisión de investigación en Galicia, onde o PPdeG utilizou a súa maioría absoluta para evitar calquera control efectivo sobre os contratos cuestionados da Xunta. Ademais, trasladámonos a Francia para abordar a profunda crise política tras a caída do goberno de Michel Barnier, con Marine Le Pen emerxendo como favorita nun panorama de crecente desafección. Dous contextos que nos lembran os perigos da falta de transparencia e a erosión da confianza cidadá.
-
No episodio de hoxe analizamos a asemblea do BNG na que se contrapoñen obxectivos políticos que ás veces parecen pouco reconciliables.
-
Fehlende Folgen?
-
No primeiro episodio dos Venres en Punto!, Roi analiza o debate político dos orzamentos e como as ideas forza do BNG están a influír nas políticas públicas do PPdeG. Tamén afondamos na polémica arredor do pacto polo galego, coas críticas internas no PP e a demisión de Daniel Chapela, mentres reflexionamos sobre o futuro da lingua. Finalmente, viaxamos a Vigo para falar das luces de Nadal: éxito turístico ou oportunidade perdida para elevar a calidade e conectar coa identidade galega? 15 minutos para comprender a actualidade galega semana a semana.